Asociación de Tradutores Galegos :: Estatutos da Asociación
   
Venres, 25 Marzo 2005

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN DE TRADUTORES GALEGOS

DENOMINACIÓN, ÁMBITO E DOMICILIO

TÍTULO I

DA ASOCIACIÓN EN XERAL


Art.-1º
  Constitúese no Concello de Santiago, unha Asociación que se denominará: "ASOCIACIÓN DE TRADUTORES GALEGOS", e que se rexerá pola Lei 19/1977, de 1 de abril, reguladora do dereito de asociación sindical e demais lexislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable, dentro do marco da Constitución e do resto do ordenamento xurídico.

Art.-2º
     Son fins e actividades da asociación:
    a) Procurar a protección xurídica dos tradutores galegos e o melloramento das súas condicións de traballo. A ATG acóllese ás recomendacións da Conferencia xeral da UNESCo de novembro de 1976 para a protección xurídica dos tradutores: dereito de propiedade intelectual, non alteración dos textos, publicidade propocional á acordada para o/a tradutor/a, etc
    b) Mirar pola calidade das traducións á lingua galega, que manterán unha correcta adecuación ao orixinal e serán redactadas de acordo coa normativa legalmente fixada.
    c)  Estimular a tradución de toda clase de obras á lingua galega e da lingua galega.
    d) Estimular a publicación de estudos relativos á tradución.
    e) Propiciar a formación de tradutores que teñan como lingua orixe e meta a galega
    f) A asociación non ten fins lucrativos nin está sometida a ningún réxime asociativo específico.

Art.-3º
    O  domicilio da Asociación de Tradutores Galegos radicará no Instituto da Lingua Galega, Praza da Universidade, 4, Santiago de Compostela. Este domicilio poderá variarse se o decide a asemblea xeral de socios. A xunta directiva tamén poderá establecer as delegacións da ATG que considere precisas nos lugares que estime conveniente.


Art.- 4º
    A asociación desenvolverá as súas actividades dentro do ámbito territorial de Galicia, aínda que poderán ser membros tradutores que residan fóra do país. A súa duración será indefinida e só se disolverá, conforme a estes estatutos, pola vontade dos asociados exprsada en asemblea xeral convocada ao efecto e por calquera das causas previstas nas leis así como por sentenza xudicial firme.

Art.- 5º
    A xunta directiva, como órgano de reprsentación da asociación, será competente para interpretar os preceptos contidos nos estatutos, someténdose en todo momento á normativa legal vixente en materia de asociacións.
    Os presentes estatutos serán desenvolvidos e cumpridos mediante acordo que validamente adpten a xunta directiva e a asemblea xeral, dentro das súas respectivas competencias.


TÍTULO II

DOS ÓRGANOS DIRECTIVOS E DA FORMA DE ADMINISTRACIÓN


Art.- 6º
   
A dirección e administración da Asociación serán exercidas polo/a persiedente/a, a xunta directiva e a asemblea xeral.

Art.- 7º
    O/A presidente/a da asociación, que o/a será tamén da xunta directiva, asume a súa representación legal e executará os acordos adoptados pola xunta directia e a asemblea xeral, presidindo as sesións que celebre unha e outra.

Art.- 8º
    A xunta directiva é o órgano de representación que xestiona e representa os intereses da asocación, de acordo coas disposicións e directivas da asemblea xeral. Estará formada por un/unha presidente/a, un/unha vicepresidenta, un/unha secretario/a, un/unha tesoureiro/a e un/unha vogal.
    Só poderán formar parte da xunta directiva aquelas persoas que estean asociadas, que sexan maiores de idade, teñan pleno uso dos dereitos civís e non estean incursas nos motivos de incompatiblidade establecidos na lexilación vixente.

Art.- 9º
    Os cargos que compoñen a xunta directiva elixiraos a asemblea xeral, entre todas as candidaturas que se presenten, resultando elixida de entre todas elas aquela que obeña máis votos, despois dun proceso no que a persoa que as encabece faga a presentación de cada unha delas e do seu programa de goberno. En todo caso nas candidaturas presentadas á xunta directiva deberán estar perfectamente determinados e distrubiídos entre os seus integrantes os diferentes cargos.
    A duración da xestión dos cargos da xunta directiva será de 2 anos, aínda que poderán ser obxecto de reelección. No caso de vacante dalgún dos cargos, a xunta directiva poderá nomear provisionalmente a  persoa que estime axeitada, ata a nova elección de cargos.
    Os cargos da xunta directiva poderán causar baixa por expiración do mandato, por incumprimento das obrigas que teñen encomendadas ou por renuncia voluntaria comunicada por escrito á xunta directiva.
    Os cargos da xunta directiva que esgotasen o prazo para o cal foron elixidos continuarán desempeñado os seus cargos ata o momento en que se produza a ceptación daqueles asociados que os substitúan.

Art.- 10º
    Os membros da xunta directiva non percibirán ningún tipo de retribución polo cargo desempeñado.

Art.- 11º
    Son funcións da xunta directiva as seguintes:
    a) Procurar fondos para a asociación e administrar os seus recursos.
    b) Defender os intereses da asociación, así como cooperar na defensa dos inereses profesionais dos seus membros asociados.
   c) Admitir os membros da asociación, de conformidad cos seus estatutos.
   d) Designar representantes da asociación en actos públicos, encontros culturais, congresos, etc.., dentro e fóra do país.
   e) Remitir comunicacións e adhesións a homenaxes ou  actos semellantes que organicen outras insitucións ou entidades, sempre que o estime necesario.
   f) Organizar actos de homenaxe ou recoñecemento a personalidades e feitos sobranceiros da cultura galega e mesmo doutras culturas, depois de consultar coa asemblea xeral.
   g) Atender as relacións con outros sectores do movemento cultural en Galicia e no estranxeiro.
   h) Xestionar a elaboración e maila actualización de instrumentos de traballo que faciliten a mellora da caliade das traducións á lingua galega.
   i) Elaborar planos de tradución ao galego de toda clase de obras literarias, de investigación, divulgativas, etc.
   j) Organizar toda clase de actividades encamiñadas a mellorar a calidade e aumentar a cantidade das traducións á lingua galega e perfeccionar a formación dos membros da asociación.



Art.- 12º
    A xunta directiva celebrará as súas sesións cando o determine o/a presidente/a, por iniciativa propia, ou por pedimento de polo menos tres dos seus compoñentes. Será presidida polo/a presidente/a e, na súa ausencia, polo/a vicepresidente/a, se o houber, e a falta de ambos os dous, polo membros da xunta directiva que teña máis idade.
    Para os acordos da xunta directiva seren válidos, deberán ser adoptados por maioría de votos dos asistentes, sendo precisa a concorrencia, polo menos da metade mías un dos seus membros, incluídos o/a presidente/a e o secretario/a ou quen estatutariamente os substitúan. Das sesións o/a secretario/a levantará acta que se transcribirá ao libro de actas.

Art.- 13º
    Os membros da xunta directiva presideirán as comisións que a propia xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de demandar delas as informacións necesarias. Formarán parte, ademais, das ditas comisións o número de vogais que acorde a xunta directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.

Art.- 14º
    O/A presidente/a da xunta directiva terá, ademais das facultades asignadas no Art.- 7º, as seguintes atribucións:
    a) Convocar e levantar as sesións que celebre a xunta directiva e a asemblea xeral, dirixir as deliberacións de unha e outra, decidindo con voto de calidade no caso de empate.
    b) Darlles o visto e prece ás actas das reunións e executar os acordos adoptados.
    c) Propoñer o plano de actividades da asociación á xunta directiva, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
    d) Ordenar os pagamentos acordados validamente.
O/A presidente/a estará asistido/a nas súas funcións polo/a vicepresidente/a, que ademáis o substituirá nos casos de vacante, ausenci ou enfermidade.

Art.- 15º
    Son funcións do/a secretario/a as seguintes:
    a) Recibir e tramitar as solicitudes de ingreso.
    b) Levar o ficheiro e o Libro de Rexistro de Socios.
    c) Redactar as actas das xuntanzas da asemblea xeral e da xunta directiva, que asinará xunto co/a presidente/a.
    d) Levar a correspondencia da asociación.
    e) Redactar as certificacións pertinentes.
    f) Cursar as convocatorias de reunión aos socios e recoller as autorizacións necesarias.
    g) Custodiar o arquivo da asociación.

Art.- 16º
    O tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á asociación e dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o presidente. Así mesmo, formalizará o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior, que debe ser presentado á xunta directiva, para que esta á súa vez, o someta á aprobación da asemblea xeral.

Art.- 17º
    Cada un dos compoñentes da xunta directiva terá os deberes propios do seu cargo, así como os que nazan das delegacións ou comisións que a propia xunta lles encomende.
    De maneira concreta o/a secretario/a velará polo cumprimento das disposicións legais vixentes en materia de asociacións, custodiando a documentación oficial da entidade, expedindo certificacións das actas e dos acordos tomados polos órganos de goberno e representación co visto e prace do presidente e facendo que cursen á Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local as comunicacións sobre designación da xunta directiva, celebración de asembleas xerais, formalización do estado de contas e aprobación dos orzamentos anuais.

Art.- 18º
    A asemblea xeral é o órgano supremo de goberno da asociación, integrada polos asociados, que adopta os seus acordos polo principio maioritario ou de democracia interna, e que se reunirá sempre que o acorde a xunta directiva, por propia iniciativa ou polo que acorde a décima parte dos seus asociados.
    Obrigatoriamente a semblea xeral deberá ser convocada en sesión ordinaria, polo menos unha vez ao ano, para aprobar plano xeral de actuacións da asociación, censurar a xestión da xunta directiva, aprobar, no seu caso, os orzamentos anuais de ingresos e gastos, así como o estado de contas correspondentes ao ano anterior e cantas outras cuestións se sometan á votación no capítulo de rogos e preguntas.


Art.- 19º
    A xunta directiva convocará asemblea xeral, con carácter extraordinario, cando o esixan as disposicións vixentes, o acorden os membros da xunta directiva ou o solicite un número de asociados non inferior ao 10 por 100 e, en todo o caso, para a modificación dos estatuos, así como para elixir os membros da xunta directiva, disposición ou alleamento de bens, determinación das retribucións dos membros da xunta directiva, se existiren, disolución da asociación, expulsión de asociados a proposta da xunta directiva, aprobación do regulamento de réxime interno da asociación e a solicitude de declaración de utilidade pública. Tamén é da súas competencia a constitución de federacións, conferacións ou unións ou a súa integración nelas.

Art.- 20º
    As convocatorias das asembleas xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, serán feitas por escrito, cunha antelación de 30 días, no caso das ordinarias, e de 15 días, no caso das extraordinarias. Na convocatoria deberá aparecer obligatoriamente o día, o lugar de reunión, a hora de reunión en primeira convocatoria e a hora da segunda convocatoria, sempre media hora máis tarde, e a orde do día.
    Incluiranse na orde do día das convocatorias aqueles asuntos propostos pola xunta directiva ou por un número de asociados da asociación non inferior ao 10 por 100, que llos presentarán por escrito ao/á sercretario/a da xunta directiva cunha antelación mínima de sete días á celebración das sesións das asembleas xerais. Por razóns de urxencia, poderanse debater cuestións suscitadas do decurso da xunanza, sempre que así o acepten polo menos o 10% dos asistentes.

Art.- 21º
   
A convocatoria da asemblea xeral extraodinaria de modificación dos estatutos da asociación estará acmpañada do texto coas modificacións propostas, e haberá un prazo de 7 días para que calquera asociado/a poida dirixirlle ao secretario as propostas e emendas que estime oportunas. Estas complementarán a documentación da citada asemblea e serán entregadas cunha antelación nínima de 3 días á realización da mesma.

Art.- 22º
    As asembleas xerais ordinarias ou extraordinarias quedarán validamente constituídas en primeira  convocatoria, cando concorran a elas, presentes ou representados, a metada máis un dos asociados. En segunda convocatoria, quedará constituída a asemblea cos/coas asociados presentes.

Art.-  23º
    Os acordos da asemblea xeral adoptaranse por maioría simple das persoas presentes ou represetnadas. Porén, requirián maioría cualificada das dúas terceiras partes das persoas presentes ou representadas, os  acordos relativos á disolución da asocaición, modificación dos estatutos, disposición ou alleamento de bens e remuneración dos membros do órgano de representación.

Art.- 24º
    Son competencias específicas da semblea xeral:
    a) Adoptar toda clase de acordos relativos á representación, xestión e defensa dos intereses da asociación e dos seus membros.
    b) Aprobar os programas e os planos de actuación e traballo.
    c) Referendar as altas e baixas dos membros da asociación.
    d) Elixir a xunta directiva e revogar o seu mandato.
    e) Controlar a xestión da xunta directiva.
    f) Fixar cotas, elixir represetnantes e designar delegados.
    g) Aprobar, no seu caso, os orzamentos e as liquidacións periódicas de contas.
    h) Todas as outras que se deriven dos estatutos en vigor.

 Art.- 25º
    A xunta directiva resérvase o dereito de decisión, sobre situacións non contempladas nestes estatutos, sempre que non sexan incompatibles coas xa existentes e non estean en contradición coa lei vixente reguladora do dereito de asociación e demáis disposicións regulamentarias que a desenvolvan.

Art.- 26º
    Os acordos que vaian contra estes estatutos ou infrinxan os fins da asociación poderán ser recorridos en reposición perante a asemblea xeral. A partir da resolución do recurso de preposición, querdará expedita a vía para recorrer perante a xurisdición ordinaria.

Art.- 27º
    A asociación disporá dunha relación actualizada dos seus asociados, levará unha contabilidade que reflicta a imaxe fiel do patrimonio, do resultado e da situación financeira da entidade así como as actividades realizadas, efectuará un inventario dos seus bens e recollerá nun Libro de Actas as reunións da asemblea xeral e da xunta directiva.


TÍTULO III

DOS ASOCIADOS, DEREITOS E OBRIGAS


Art.- 28º
    Poderán ser membros da asociación, libre e voluntariamente, as persoas físicas e as persoas xurídicas, legalemente constituídas, sexan estas públicas ou privadas, que traducisen ao galego e do galego e publicasen en edición comercial ou en formato electrónico, polo menos un libro, ou o seu equivalente a xuizo da xunta directiva, nos 5 anos anteriores ao momento da solicitude de ingreso. Os candidatos serán admitidos pola xunta directiva. Poderase outrorgar o nomeamento de mebro honorario ás persoas que se estime oportuno, despois dunha deliberación na asemblea xeral, a proposta da xunta directiva, sen que iso leve consigo a condición xurídica de asociado
    As persoas físicas deberán ter capacidade de obrar e non estrán suxeitas a ningunha condición legal para o exercicio do dereito.
    As persoas xurídicas de natureza asociativa requirirán, para formar parte da asociación, o acordo expreso do seu órgano competente e as de natureza institucional o acordo do seu órgano rector.

Art.- 29º
    Aquelas persoas que desexen pertencer á asociación solicitarano por escrito ao/á presidente/a, o/a cal dará conta á xunta directiva, que resolverá sobra a admisión ou inadmisión ante a asemblea xeral. Na solicitude deberá constar explícitamente a aceptación de todas as condicións establecidas nos estatutos.
    A xunta directiva deberá resolver cada solicitude de ingreso no prazo de trinta días contados a partir da súa recepción. A resolucion negativa desta poderase recorrer perante a asemblea xeral ordinaria.

Art.- 30º
    Os asociados poderán solicitar a súa baixa na asociación voluntariamente, en calquera tempo, pero isto non os eximirá de satisfacer as obrigas que teñan pendentes con ela.
    A xunta directiva poderá separar ou expulsar da asociación aqueles asociados por notorio incumprimento das obrigas que se establecen nestes estatutos. A separación ou expulsión, así como calquera outra medida disciplinaria adoptada, será precedida de expediente no que deberá ser oído o/a interesado/a, o cal será informado dos feitos que dean lugar a tales medidas, debendo ser motivado o acordo que, no seu caso, impoña a sanción. Este acordo en todo caso deberá ser ratificado pola semblea xeral e contra a súa reolución poderase recorrer perante a xurisdición ordinaria.

Art.-31º
    Os asociados terán dereito a:
    a) Participaren nas actividades que promova a asociación e nos actos sociais que organice para todos os asociados.
    b) Gozaren de todas as ventaxes e beneficios que a asociación poida obter.
    c) Asistiren e exercitaren o dereito de voz e voto nas asembleas xerais. En todo caso cada asociado que sexa persoa xurídica terá derieto a un solo voto.
    d) Seren nomeados membros da xunta directiva, na forma que prevén os estatutos.
    e) Posuíren un exemplar destes estatutos e ter coñecemento dos acordos adoptados polos órganos directivos.
    f) Seren informados sobre a composición da xunta directiva da asociación.
    g) Recibiren a información sobre o estado de ingresos e gastos da asociación todos os anos, así como sobre o desenvolvemento da súa actividade.
    h) Impugnaren os acordos dos órganos da asociación que estimen contrarios á lei e aos estatutos.
    i) Recibiren a información de tipo profesional que precisen e a asociación estea en condicións de proporcionar.
    j) Recibiren un exemplar de cantas publicacións edite a asociación.


Art.- 32º
    Os asociados poderán ser sancionados pola xunta directiva por infringir os presentes estatutos, ou os acordos da semblea xeral ou da propia xunta directiva. As sancións poden comprender dende a suspensión dos seus dereitos durante un mes, ata a separación definitiva da asociación, nos mesmo termos que prevén o artigo 29º.

Art.- 33º
    Serán obrigas de todos os asociados:
    a) Compartiren as finalidades da asociación e colaborar para a consecución das mesmas.
    b) Acataren os presentes estatutos e os acordos validamente adoptados pola asemblea xeral.
    c) Aboaren as cotas periódicas e outras contribucións que acorde a asemblea xeral.
    d) Desempeñaren fielmente as obrigas inherentes ao cargo que desempeñen.
    e) Asumiren os cargos de responsabilidade e representatividade, libremente aceptados, que lles fosen encomendados pola asemblea xeral ou pola xunta directiva.
    g) Remitiren á ATG, segundo se publique, un exemplar de cada tradución da súa autoría que sexa editado.
    h) Comunicaren por escrito á xunta directiva o comezo de cada tradución no momento en que un se comprometa ou se dispoña a feela.
    i) Cumpriren o resto das obrigas que resulten destes estatutos.

Art.- 34º
    A ATG non interferirá en ningún asunto de carácter particular dos seus membros. Ningún membro, ou rgrupo deles, poderá adoptar en ningún caso decisións unilaterais de incumbencia colectiva, nin facer declaracións públicas en nome da asociación. En relación con calquera suceso deste tipo, a asociación reserva o dereito de adoptar medidas oportunas para aclarar, corporativa e publicamente, unha determinada circunstancia.


TÍTULO IV

DO RÉXIME ECONÓMICO E DA DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN


Art- 35º
   A asociación carece de patrimonio ao constituírse e o seu orazmento anual é indeterminado ou, no seu caso, será o que determine a principios de cada ano a asemblea xeral.

Art.- 36º
    A data de cerramento do exercicio económico da asociación será a do 31 de decembro de cada ano. As contas da asociación serán aprobadas anualmente pola asemblea xeral, polo que deberán ser postas previamente ao dispor dos asociados durante un prazo non inferior a 15 días ao sinalado para a celebración da referida asemblea xeral.

Art.- 37º
    Os recursos econímicos previstos para o desenvolvemento das actividades sociais serán os seguintes:
    a) As cotas periódicas que acorde a asemblea xeral.
    b) As cotas extraordinarias que propoña a xunta directiva e sexan aprobadas pola asemblea.
    c) Os produtos dos bens e dereitos que lle correspondan, así como as subencións, legados, doazóns que poida recibir en forma legal.
    d) Os ingresos que obteña a asociación mediante o exercicio de actividades económicas lícitas que acorde realizar a zunta directiva, incluídas as presentacións de servizos, deberaán destinarse exclusivamente ao cumprimento dos seus fins estatutarios.

Art.- 38º
    A admisnitración dos fondos da asociación, levarase a cabo, sometida á correspondente información e intervención e coa publicidae suficiente, a fin de que toos os asociados poidan ter coñecemento periodicamente do destino dos fodos, sen prexuízo do dereito consignado a este respecto no apartado g) do Art.- 31 destes estatutos.

Art.- 39º
    A disolución da asociación só poderá ser acordada en xunta xeral convocada a este efecto, cos votos favorables de polo menos dous tercios dos membros asistentes.

Art.- 40º
    No caso de disolverse a asociación, a asemblea xeral que acorde a disolución, nomerá unha Comisión Liquidadora, composta por cinco membros, a cal farase cargo dos fondos que exsistan, para que, unha vez satisfeitas as obrigas, o remantente, se o houbera, sexa entregado a calquera entidade legalmente constiuída, con domicilio en Galicia, que se dedique a iguais, ou no seu defecto análogos fins que esta asociación, ou unha entiedade benéfica.
    Así mesmo, no caso de insolvencia da asociación, a xunta directiva, ou, se é o caso, os liquieadores nomeados pola asemblea xeral, promoverán de inmediato o oportuno procedemento perante o xuíz competente.

    En proba de conformidade cos presentes estatutos, asinan tódolos membros da Xunta directiva.

DILIXENCIA.- Estes estatutos foron actualizados por acordo da Asemblea Xeral extraordinaria celebrada ao efecto o día 14 de maio de 2004.

Vº e Prace

             O secretario                                                                        O Presidente

Alberto Álvarez Lugrís                                                          Xosé María Gómez Clemente


Última Atualización ( Martes, 27 Xuño 2006 )