Asociación de Tradutores Galegos :: Manifesto da FIT
   
Venres, 23 Xuño 2006

MANIFESTO DA FIT

 

 

O presente manifesto foi concibido no seo da comunidade internacional de tradutores e promovida pola Federación Internacional de Tradutores (FIT) como colaboración co seu traballo na UNESCO e tenta animar a todos aqueles profesionais relacionados co campo da tradución literaria a que se unan a unha produción creativa como é a diversidade cultural.
Desexamos que asinar neste manifesto sirva para mostrar como contribúen na práctica a lograr estes propósitos. Este manifesto é unha chamada á acciión individual e cada sinatura debe ser dada dende a decisión individual.
Un manifesto a favor da diversidade cultural dos tradutores literarios, editores e escritores nós, os que firmamos este manifesto, tradutores literarios, editores e escritores sostemos:

  • A necesidade de crear condicións que aseguren a paz no mundo por medio da nosa mediación ao diálogo entre culturas;
  • A urxencia de traballar a favor da diversidade cultural recoñecendo a valía de cada individuo no contexto da tolerancia, o entendemento e repecto aos outros;
  • A fundamental necesidade de salvagardare promover traballos de imaxinación e intelecto máis aló das fronteiras lingüisticas;
  • A responsabilidade primordial que xogan os tradutores, dende tempos inmemoriais, na comunicación das ideas e valores da humanidade;
  • O papel chave que estes profesionais do mundo editorial e tradutolóxico poden xogar a este respecto ao crearen un fondo acceso ao antigo mundo da literatura, o coñecemento e as diversas formas de expresar a creatividade;

E, segundo os valores proclamados pola UNESCO, prometemos:
  • Difundir, por medio da tradución, novas literaturas, dando prioridade en particular a traballos de culturas e linguas minoritarias ou en perigo;
  • Traballar diariamentente para comprobar que se respecten os dereitos de propiedade intelectual e de escritores:
  • Defender a necesidade do tradutores de independencia e fidelidade ao texto;
  • Animar aos encargados de formar tradutores por medio de conferencias e simposios de tradutores;
  • Promover o intercambio e a comunicación entre editores, tradutores e escritores;
  • Respectar a recomendación aprobada pola UNESCO o 22 de novembro de 1976, a recomendación de Nairobi, sobre a proteción legal dos tradutores así como a resolución de tradutores adoptada pola Federación Internacional de Tradutores en Dubrovnik en 1963 e modificado en Oslo o 9 de xullo de 1994.
  • Estender a interpretación de estes documentos ás novas formas de comunicación, especialmente á distribución electrónica de traballos.